Día da árbore.

O pasado mércores 21 de marzo celebramos no colexio o Día da árbore. Unha xornada con moitas actividades na natureza na que participou todo o alumnado do cole, profes, pais e nais, veciños, axentes forestais e brigadistas, comunidade de montes...
Fixemos a plantación dunhas 30 árbores coa finalidade de crear un arboreto diante do noso cole con diferentes especies de árbores. Tamén crearon para @s nen@s, e non tan pequen@s, un "Laberinto sensorial polas árbores". Os maiores de 5º e 6º  demos un paseo pola contorna do colexio para coñecer a biodiversidade que rodea ao cole.
Como guinda do día tamén tivemos un contacontos con Anxo Moure co que disfrutamos moitísimo e o pasamos moi ben.


Moitísimas grazas a Rosendo presidente da comunidade de montes de Caldelas e a toda a directiva e comuneiros por axudar e facilitar o traballo aos nenos e nenas. A Tono, Ricardo e compañeir@s forestais que nos ensinaron moitas cousas e viñeron axudar. A Anxo Moure que nos empapou de "maxia ecolóxica". 

AQUÍ podes atopar todas as fotos da xornada.

Comentarios