REGUEIFANDO NO CORRELINGUA

    Os nenos e nenas de sexto participaron no Correlingua 2021 que consistía en crear unha regueifa que percorra o país de norte a sur e de leste a oeste unindo as aulas das vilas galegas e desenvolvendo as habilidades lingüísticas dun xeito festivo.
 
    Como sabedes a regueifa é unha improvisación oral cantada en forma de diálogo,  un desafío dialéctico co que podemos aprender, crear e xogar coa nosa lingua. Ao noso cole tocoulle responder ao cole de Caldas. Esperamos que vos guste!




Comentarios