No día de onte, 30 de xaneiro, conmemoramos o día da paz na escola. Mediante gotas de auga con mensaxes e debuxos elaborados por cada un dos nosos e das nosas alumnas, quixemos simbolizar como cada unha desas gotas (accións solidarias) cae do ceo para percorrer o curso do río construindo así un camiño de auga que contribúa a formar unha sociedade moito máis libre de violencia e moito máis solidaria e amable. No seguinte enlace podedes botarlle un ollo a un vídeo no que se mostra o traballo realizado:
https://www.instagram.com/reel/DFduG4qIaVi/?igsh=d3dpamd3ZmtzN2Np
Tamén vos deixamos algunhas imaxes das gotiñas de auga.
Ademais, na hora de ler, o alumnado de 6º de educación primaria proxectou un videoclip realizado integramente por eles dunha canción sobre a paz, letra que tamén crearon os nenos e as nenas. Podédelo ver no seguinte enlace:
Comentarios
Publicar un comentario