O sábado 8 de marzo foi o día da muller e por iso leváronse a cabo diferentes actividades na escola.
O venres en infantil realizamos un obradoiro con diferentes espazos de aprendizaxe e xogo. Cada un deles estaba dedicado a unha muller importante da historia e a súa labor na sociedade. Así pois:
- MARÍA VINYALS (pioneira na revolución feminista). Decidimos facer un mural do 8 de marzo no que as nenas e os nenos debían calcar as súas mans en cor violeta.
- MARÍA ANTONIA DANS (pintora). Ofrecímoslle 3 cadros da artista e entre eles debían escoller un para representalo.
- FILOMENA DATO (poeta). Tratábase dun espazo no que podían elaborar poemas relacionados có día da muller. Como guía, propuxémoslles diferentes palabras coas que se podían inspirar.
- ÁNGELES ALVARIÑO (oceanógrafa, e primeira muller en viaxar nun buque). O obxectivo que tiñan era elaborar un barco có tangram.
- ANTONIA FERRÍN (astrónoma). A través deste experimento intentaron reproducir unha galaxia.
- OLIMPIA VALENCIA (médica). Xogo simbólico 100% relacionado cós coidados, a medicina, o hospital…
- MARÍA CASARES (actriz de teatro). Utilizamos marionetas e un kamishibai a modo de teatrillo e… todo o demais o planificaron eles solos.
A nivel de centro levamos a cabo unha instalación artística có lema: BAIXO OS PARAUGAS DA IGUALDADE.
A idea de elaborar esta instalación artística xurdiu có obxectivo de poñer voz a todas as mulleres que foron silenciadas durante o ano 2024 e principios do ano 2025.
50 MULLERES con nome, apelidos e identidades, para que ninguén se olvide delas, nin dos dereitos que todavía necesitamos reclamar. Para que as nosas nenas e nenos do futuro sexan máis libres e máis iguais. 💜
Ademáis, na hora de ler escoitamos un podcast sobre a importancia deste día, realizado polo alumnado de 4, 5 e 6 de primaria.

Comentarios
Publicar un comentario