MOCHILAS VIAXEIRAS


A bruxa Nicolasa comezou o curso dándonos unha gran sorpresa:

Mochilas viaxeiras para os alumnos de Caldelas!


A Biblioteca Escolar tende a man ás familias para traballar xuntos cara dous importantes obxectivos: que os vosos/nosos cativ@s aprecien o pracer da lectura e a importancia dos libros na súa formación integral.

A falta de tempo é o noso peor inimigo, pero animámosvos a recibir a Mochila coa mesma ilusión coa que  os nen@s a recollen para levala a casa.
Non fai falta ler todo o seu contido. Non é posible unificar gustos. Enviamos unha selección variada para ollear e escoller o que máis se axuste a cada un no curto período dunha semana.
        
É importante que teñades en conta os seguintes aspectos:

  • As mochilas irán de casa en casa con libros e audiovisuais para que disfrute toda a familia.
  • Estarán en cada casa unha semana. É moi importante a devolución da mochila no prazo indicado, senón, haberá familias que non poderán disfrutar dela.
  • Xunto co material, achegamos o Caderno Viaxeiro.
  • Achegamos tamén a relación de material da mochila, para que se revise ao recibila e tamén antes da devolución.

      Lembrade familias: Se ti les, eles len.

Comentarios