VISITA DE ALUMNADO DO CEIP Nº1 DE TUI

Hoxe viñeron visitar o noso colexio os alumnos e alumnas de 3º de primaria do CEIP nº1 de Tui.
Eles están traballando sobre o horto e os alimentos, e querían coñecer o noso horto ecolóxico.

Primeiro foron a horta de Alfredo. No noso cole, o alumnado de 4º lle explicou todo o proceso do noso horto: desde como creamos os bancais, o composteiro, os diferentes cultivos, os trucos que nos ensinou Alfredo...


Tamén lles fixemos un pequeno agasallo e quedaron con nós a merendar e xogar no patio.














Todos quedamos moi felices coa visita!

Clica AQUÍ se queres ver todas as fotos

Comentarios