FESTA VOZ NATURA 2018

O pasado sábado día 2 de xuño celebrouse na localidade de Culleredo, na provincia de A Coruña, a XXI edición de "Voz Natura". 
É unha festa anual do programa de educación medioambiental de La Voz de Galicia. No evento hai múltiples actividades lúdicas na que pode asistir o alumnado e familias de centros educativos nos que se desenvolven proxectos educativos pertencentes a rede "Voz Natura". 

Fomos os alumnos de 4º, 5º e 6º posto que este ano foron os que participan en Voz Natura co horto escolar. Aprendemos moito e vivimos moitas experiencias novas: falar na radio, saír na tele, ver exposicións, múltiples xogos, demostracións de cans expertos, escalada....












Foi un día estupendo! Moitas gracias as familias que nos acompañaron!!



Para ver máis fotos pincha aquí

Comentarios

Publicar un comentario