HOMENAXE A ALFREDO

O martes 19 de xuño tivo lugar un acto para agradecer a Alfredo a súa colaboración. Ao longo de todo o curso estivemos traballando nun horto ecolóxico: construímos bancais, plantamos allos, chícharos, leituga, amorodos e plantas aromáticas... Tamén nos ocupamos de regar, de facer o mantemento e recoller os froitos. Sempre coa colaboración  e dirección de Alfredo; un entusiasta da natureza e do cultivo ecolóxico. El convenceunos da importancia do uso de abono orgánico e de buscar alternativas aos produtos químicos.
Decidimos facer un acto de homenaxe, no cal lle entregamos un libro elaborado polos alumnos. Neste libro, como podedes ver aquí debaixo, hai poemas, debuxos, haikus e escritos variados, todo dedicado a Alfredo.



O acto foi moi emotivo. Todos os nenos e nenas dixeron unhas palabras e abrazaron sinceramente a Alfredo.
Estamos convencidos de continuar o próximo curso aprendendo co horto ecolóxico!


Para ver máis fotos, pulsa aquí.

Comentarios