SAMAÍN ´22

 


A época máis terrorífica do ano acaba de pasar e o alumnado do CEIP Caldelas realizou diferentes actividades para celebrar esta festividade ancestral orixinaria dos pobos celtas.

O venres 28, viñemos disfrazados de temática terrorífica ó cole e tivemos unha contacontos moi especial, como podedes ver na imaxe superior. Quedamos tod@s aterrorizados co seu conto, pero tamén moi contentos de volver a vela... 
O certo, é que estivemos toda a semana realizando tarefas do Samaín,e facendo unha exposición moi terrorífica de cabazas que decoramos nas nosas casas coa axuda da familia. 
En infantil, estivemos traballando con cabazas durante varios días.

E neste enlace podedes ver un video de máis cousas chulas que fixemos: 

En primaria  realizamos diferentes actividades como cabazas con bolsas recheas de papel de periódico, xogos, taller de contos de medo, recital de conxuros, scape room do terror, visualización de cortos de medo e películas,... Aquí tendes algunha imaxes que mostran o moito que traballamos estes días:











 
Neste enlace podedes ver máis videos e fotos:

Esperamos que vos gustase! 

UN SAÚDO

Comentarios