8M



 Con motivo da celebración do 8 de marzo, no CEIP de Caldelas fixemos variedade de actividades. Aproveitando que en infantil estaban traballando a pintora Pato Gil Villalobos, decidímonos a darlle voz a todas a mulleres da nosa sociedade, reinvindicando a súa liberdade a través dun lazo violeta. Os máis pequenos do cole decoraron uns cadros nos que se representan mulleres e colocáronse na rede que está a entrada do colexio. O resto do cole colgou lazos violetas con palabras ou frases de reinvindicación e/ou liberdade. Tamén as familias puideron participar.

Aquí tendes mostra deste traballo colaborativo tan fermoso, e doutros realizados nas aulas.



























Comentarios