TUI LE



O pasado venres, 14 de abril,  o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º acudimos a Tui a un encontro promovido pola biblioteca municipal e as bibliotecas escolares do municipio.

Expuxemos un cartaz sobre Francisco Fernández del Riego, elaborado nos días previos ó acto e intercambiamos libros usados con alumnado doutros colexios de Tui.

Puidemos disfrutar do espectáculo "As palabras perdidas" de Bea Campos, que anima a falar en galego dunha forma divertida, poñendo en valor o idioma, os ditos e as historias de Galicia.





Comentarios