O pasado martes 24 de maio, celebramos os maios no colexio.Trátase dunha tradición galega, na que se celebra o fin do inverno e a chegada da primavera.
Entre todos e todas fomos apañar pampullos, flores, fentos e fiuncho. Fixemos cadeas de pampullos, decoramos o maio e preparamos unhas coplas moi elaboradas.
Podedes ver no video o resultado final! Esperamos que vos guste!
Comentarios
Publicar un comentario