SAMAÍN

 


Recentemente, celebramos o Samaín no noso centro. Argallamos diferentes actividades:

  • Fixemos un mural no que unha bruxa remexe unha apocema. Desta beberaxe saen burbullas con palabras de temática desta conmemoración. Este vocabulario foi aportado por todo o alumnado coa axuda das súas familias.


  • Aproveitando o día das bibliotecas, fíxose unha actividade de elaboración de cómics a partir de contos de medo. O alumnado de 4º, 5º e 6º elaboraron os cómics e os nenos e as nenas de 1º, 2º e 3º decoráronos. O martes 31, os maiores leron o conto os compañeiros e compañeiras de infantil, 1º, 2º e 3º. 





Neste enlace podedes ler todos os Cómics de Samaín
  • Como todos os anos, elaborouse unha gran exposición de cabazas, coa colaboración das familias na entrada do colexio. 



  • Por último, o día 31, viñemos disfrazados e disfrazadas e gozamos dun medroso túnel do terror elaborado polo alumnado de 6º.















Comentarios