SEMANA DAS LETRAS GALEGAS


 


Durante a semana das letras galegas fixemos varias actividades.

Por unha parte, levamos a cabo o reto de falar en galego durante unha semana. 



Os premiados levaron unha medalla e unha "piruleta" azul. Fíxoselles unha foto coa lingua azul para expoñer na entrada do colexio.


O xoves, na hora de ler, levouse a cabo un apadriñamento lector en galego.










Debido as inclemencias metereolóxicas, tívose que adiar a busca do tesouro para o luns 20. Neste video podedes visualizar o entretido que foi aprender curiosidades sobre Luisa Villalta.










Comentarios