VISITA POLA PARROQUIA



A Asociación Acueduto de Caldelas, a ANPA e o colexio organizamos unha saída para que os nenos e as nenas dende 3º a 6º, coñecesen parte da historia e patrimonio da súa parroquia. Miramos as mulleres lavar no lavadoiro, visitamos fontes, muíños, a igrexa, a abadía, e o entorno do Balneario. Falamos do complexo sistema de regadío: as presas, as levadas, os sifóns e, por suposto, o acueduto. Percorremos un formidable entorno natural na marxe do Caselas, onde existe gran diversidade de flora e fauna autóctona. Na hora de merenda paramos a tomar papas de millo e escoitar aos músicos que viñeron tocar.

Gracias a Cristian Lago, por explicárnolo todo tan ben!







Comentarios