"MANS QUE COIDAN, PALABRAS QUE ABRAZAN"

Hoxe, 25 de novembro, dende o equipo de dinamización da lingua galega, conmemoramos o día da eliminación da violencia contra a muller. Neste acto, no que invitamos as familias, colgamos as nosas mans-brazos nas que reflexamos palabras bonitas de alento para todas as mulleres que sofren violencia hoxe en día, pero tamén polas que o sufriron no seu momento. O propio día, saímos á entrada da escola para escoitar o manifesto por parte do alumnado de 6 de primaria e cantar a canción “nais e avoas” de Pauliña. 💪🏼💜

No seguinte enlace podedes ver un vídeo sobre o proceso:

https://www.instagram.com/p/DRe5sICDJUH/?hl=es

Comentarios