ENTROIDO 2026

Este ano o entroido estivo relacionado coa ARTE, por ser o tema do noso PDI de centro. Debido ao tempo tivemos que cambiar o noso tradicional desfile polas rúas da parroquia por unha festa no pabellón do cole. Aínda así pasámolo xenial! Desfilamos polo pabe e cada curso recitou as súas coplas! Despois, disfrutamos de música coas familias, vos deixamos algunhas fotiños por aquí :)


















Os temas elexidos para os nosos disfraces foron Kandinsky, Mondrian, pintores, Gaudí, Pollock, Yayoy Kusama e cadros.

Ademais, durante a semana previa ao desfile o alumnado de sexto elaborou as ordes do meco que tivemos que cumplir durante eses días!!  Por aquí volas deixamos:

LUNS: O luns irás de negro como se acudiras ao cemiterio.
MARTES: Pandora di que o martes como Yayoy Kusama virás. Vístete de lunares ou píntaos, deslumbrarás!
MÉRCORES: O mércores para non ter frío virás todo colorido. Na roupa, no pelo ou cun boneco esta é a orde do meco!
XOVES: O xoves te disfrazarás bombeiros ou astronautas verás. O teu disfrace podes elexir tomos xuntos. imos rir!
VENRES: O venres iremos de arte como un museo andante disfraces feitos por nós levaremos e coplas recitaremos!

Comentarios