8 DE MARZO

 Este ano, para conmemorar o día da muller, escollemos o poema "Miña avoa nunca traballou" de Iria Carreira Pazos mediante o cal procuramos poñer en valor o traballo invisible que realizaron as mulleres ao longo da nosa historia. Por iso, realizamos unha instalación artística na que se recollían fotos das avoas e bisavoas do alumnado realizando os seus traballos tanto dentro coma fóra da súa casa, xa que foron as avoas, quen coidaron e sostiveron o fogar, quen tamén sementaron e traballaron o campo, e quen co seu esforzo diario mantiveron vivas as tradicións e a cultura, sobretodo, do rural. Por iso, tamén durante esta semana dámoslle voz a estas mulleres tan importantes, convidando a, aquelas que queiran participar, vir as aulas a contar a súa propia historia.

Vos deixamos algunhas fotiños do proceso do montaxe da instalación:

https://www.instagram.com/reel/DVoEJN_imJ3/?igsh=NHJ3eDJoZ3A4NWRv









E por aquí fotos xa de algunhas avoas que se animaron a contar a súa historia: 




Comentarios