Este ano conmemoramos o día do libro coas seguintes actividades:
- Maquetas sobre os nosos libros favoritos: o alumnado decorou a entrada da escola realizando unha maqueta do seu libro favorito con axuda da súa familia.
- Apadriñamento lector: os maiores do cole len un ou varios contiños ao seu “afillado/a” de cursos máis baixos durante a hora de ler. Encántalles compartir este momento 😍
Comentarios
Publicar un comentario